Saturday 18 de May de 2024

A Xunta reúnese con profesionais da Unidade de Lesionados Medulares do CHUAC


O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo unha reunión esta mañá con profesionais da Unidade de Lesionados Medulares do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC). Durante o encontro estudaron posibles iniciativas para mellorar a coordinación sociosanitaria na atención destas persoas.

Posteriormente, o director xeral acudiu á entrega de diplomas dos alumnos participantes no programa UNED Sénior que tivo lugar no centro asociado na Coruña. Unha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia e que procura ampliar a oferta de ocio e formación entre as persoas maiores como garante dun envellecemento activo e dunha mellor calidade de vida.

Neste sentido, Acevedo lembrou que o Goberno galego entregará nas súas casas no vindeiro ano o Carné +65 a 800.000 galegos maiores de 65 anos para que conten con descontos, vantaxes e un completo programa de actividades para desfrutar desta etapa vital o máximo posible.